Derritaxes 9. Eco-políticas

Publicada en Publicada en Recomendamos

Proxecto Derriba acaba de publicar el Número 9 de Derritaxes. Podéis ver aquí la aportación de culturambiente: Urbanismo e sustentabilidade

Nun momento no que a conversión do ecolóxico en etiqueta comercial convive coa destrución efectiva do oikos, a ecoloxía é lugar de resistencia e espazo suxeito a múltiplesreapropiacións. A ecoloxía política e a ecoloxía económica xorden no último terzo do século XX asociadas á crise das materias primas para lembrar o que a economía hexemónica facía poresquecer: o crecemento infinito que esixe a dinámica capitalista non é viábel nun mundo finito. Paralelamente, dos restos da crítica post-estrutural ao suxeito humanista e á dicotomíaentre natureza e cultura xurdía outra noción de natureza, máis aló das oposicións binarias, que forzaba a novas inscricións do político. Nese espazo converxen as loitas pola defensa dosbens comúns, as resistencias aos efectos máis nocivos da industrialización ou a protección da terra (non só como paisaxe, senón como xeito de vida) artellando así os principais lugares decrítica práctica á dinámica do actual sistema económico. Unha natureza alongada e redefinida tórnase o espazo principal de loita duns movementos que se saben políticos e que están amudar o topos político mesmo.

Neste novo número Derritaxes tentamos reescribir as mutacións radicais ou os desprazamentos mínimos que dende aí se inflixen aos xeitos usuais de pensar o político, o económico e asrelacións entre o “social” e o “natural” atendendo ao noso aquí e agora e destacando as resistencias imposíbeis que nel están a ter lugar. Os artigos que compoñen esta edición elaboran,dende espazos teóricos á vez heteroxéneos e afíns, unha cartografía suxerida das ecopolíticas contemporáneas: a necesidade de superar a noción de biopolítica como horizonte críticopresente repensando a noción de vida aí implicada, a visibilización de alternativas fronte ás xustificacións instrumentais do control técnico dos comúns, a apertura dun espazo máis aló danoción de dereito no que respecta á natureza e ás políticas que a teñen por obxecto, para abrir o lugar dunha relación desapropiadora, a construción dunha narrativa crítica fronte aostópicos asumidos respecto ao “feísmo” que abra outra mirada sobre o xeito no que os grupos humanos se constrúen no espazo e sobre os micro-espazos de resistencia ao capitalismoglobal, a reivindicación da relación entre arte e natureza para recuperar espazos danados pola actividade extractiva, ou a necesidade de ir máis aló do conservacionismo e dunha ideainxenua de natureza para poñer en primeiro plano das políticas ecolóxicas a cuestión da cidade. Todas elas liñas diversas mais converxentes que se esforzan en reinscribir a que “aquíagora” é xa a política por vir.

Número Completo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*